5 de novembro de 2025
22 de outubro de 2025
20 de decembro de 2024
POSTAIS DE NADAL
POSTAIS DIXITAIS GAÑADORAS CONCURSO NADAL 2024
EDUCACIÓN INFANTIL: XIANA GARCÍA ( 5º ED. INFANTIL)
1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA: ERICK GARCÍA ( 1º A)
2º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA: BRUNO FERREIRA ( 4º B)
14 de outubro de 2024
INAUGURACIÓN BIBLIOTECA CURSO 2024/2025
O próximo xoves 24 de outubro, Día das Bibliotecas, inauguramos a nosa Biblioteca.
Estamos a preparar a Ventá da Biblioteca e decorando o Centro co tema do PDI deste curso: OS XOGOS TRADICIONAIS.
As novas e os novos axudantes de Biblioteca xa fixeron a súa formación e asinaron os contratos. Xa están a traballar na Biblioteca preparando a Inauguración e deixando todo preparado para ese gran día.
Moitas grazas a todas e todos eles. Grazas tamén ás familias polas súas aportacións para a decoración do cole.
SAÚDOS DE MATILDA!
7 de xuño de 2024
RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2024
EDUCACIÓN INFANTIL
1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA
2º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA
3º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA
3 de decembro de 2023
RECOMENDACIÓNS LECTORAS 1º TRIMESTRE
Novos coñecementos con respostas a cada pregunta curiosa sobre a Terra, o espacio, xeografía, flora, fauna ou o corpo humano...
Atlas Superpreguntones é ideal para introducirse no coñecemento da xeografía, a través dun percorrido polos continentes.
NOVA COLECCIÓN coas aventuras e as investigacións de Sherlock Holmes.
Para os máis pequenos.Un lobo moi peculiar...
50 ANOS DE LECTURAS
A ventá da Biblioteca representa estes 50 anos que celebramos este curso. Nela podemos facer un percorrido temporal desde aquel ano 1973 no que se inaugurou o cole ata este ano 2023.
BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2023/2024
Benvidas e benvidos ao curso 2023/2024, no que celebramos o 50 aniversario do cole.Por iso o Proxecto deste curso será O NOSO COLE CUMPRE 50 ANOS.
50 ANOS DE LECTURAS será o noso lema e esperamos celebralo por todo o alto.
10 de febreiro de 2023
21 de decembro de 2022
POSTAIS DE NADAL
CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS DE NADAL 2.022
Coma todos os anos levamos a cabo o concurso de postais de Nadal, no que resultaron gañadoras as seguintes:
Categoría 1: SARA DURÁN- 4º EDUCACIÓN INFANTIL.
Categoría 2:SARA FIGUEROA. 3º A EDUCACIÓN PRIMARIA.
Categoría 3: HUGO MARTÍNEZ. 4º A EDUCACIÓN PRIMARIA.
Noraboa a todas e todos os que participáchedes.
POSTAL DE HUGO MARTÍNEZ.
POSTAL DE SARA DURÁN.
29 de novembro de 2022
16 de novembro de 2022
NOVIDADES LECTORAS. NOVEMBRO 2022.
EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA
2º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA
3º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA
8 de novembro de 2022
Samaín 2022
Este ano celebramos o Samaín xunto coas nosas mascotas. Mirade que terroríficas quedaron!
6 de novembro de 2022
VENTÁ DA BIBLIOTECA
A decoración da ventá da Biblioteca e dos corredores do centro rematou grazas á colaboración de todos os niveis desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.
Tamén destacar a colaboración das familias, que como todos os anos participan coa entrega de manualidades relativas ao Proxecto e o seu lema.
Grazas a todas e todos.
































